25N. Carballedo contra a violencia de xénero

Ao longo da semana do 25 de novembro abordamos de maneira explícita e planificada o traballo contra a violencia de xénero, valor que necesariamente está presente no noso día a día. 

Por unha banda, na biblio presentamos unha escolma literaria seleccionada polo alumnado de 6º, cunha pequena pincelada de títulos contra a violencia de xénero: O chubasqueiro de Aurora, Arthur e Clementina, Oliver Buton é unha nena, entre outros.


Ao longo da semana  realizáronse actividades diversas como murais con eslogans, recomendacións do alumnado, obradoiros artísticos e de pezas soltas...



A nivel de centro a rapazada preparou este fermoso mural feito con lazos nos que cada un e cada unha escribiu a súa palabra contraria a violencia.







E, como non, bailaron e xogaron, MOITO, XUNTOS E XUNTAS en comunidade, porque... LEMBRADE!! Antes de homes ou mulleres somos persoas, loita pola igualdade!


Castañón!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario