Neste mes de novembro seguimos coñecendo a nosa contorna, esta vez in situ. A rapazada de 2º a 6º viaxou ata Ponte Caldelas para realizar unha actividade proposta dende o Proxecto de Vida Activa e Deportiva: Cross Escolar.
A través desta actividade búscase fomentar o exercicio físico como actividade cotiá para lograr contar cun estilo de vida saudable.
Comezamos a xornadas moi animados e animadas, con moitas ganas de saír a correr.
Preparámonos a fondo para non lesionarnos.
Aínda con moitas inseguridades de última hora, esforzámonos ao máximo e superamos os nosos medos.
E, como non, apoiamos aos nosos compañeiros e compañeiras.
O máis importante é que pese a todas as dificultades, facendo un gran esforzo TODOS e TODAS participamos, non nos rendemos e chegamos ata o final. Noraboa rapazada!
Castañón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario