CELEBRAMOS SAMAÍN E MAGOSTO!

 BENVIDOS E BENVIDAS UN ANO MÁIS A...

"SAMAGOSTÍN"!!!

Nesta ocasión volvemos agrupar o Magosto e Samaín para celebrar unha divertidísima e terrorífica xornada chea de actividades. 

         

A pasada semana o cole quedou a escuras para festexar a semana de máis medo de todo o ano. As pantasmas, as arañas e ata incluso os esqueletos saíron para encher os corredores. 

Por fin poidemos traer de volta o concurso de cabazas e... quedounos claro que tanto alumnado como familias nunca deixaredes de sorprendernos. A temática era complicada pero vós, tan cargados de creatividade como sempre, volvéstelo lograr. Xa podedes velas no instagram (@biblio_carballedo) e pronto volas ensinaremos por aquí e comunicaremos os gañadores. Moitísimas gracias pola vosa participación. 


O venres tivemos unha intensa e variada xornada con obradoiros de todos os tipos. 

Damos vida aos monstros!









Lecturas ás escuras








Vestindo á momia








Proposta sensorial









Videoclip terrorífico



Cast@xogos tradicionais de Samaín











E para o alumnado máis lambón... tamén recibimos ao castañeiro e fartámonos a comer este froito típico do outono!



E... como non, a sección favorita da nosa rapazada!! O concurso de disfraces!! Menudas marabillosidades saíron de aí. O 20 de novembro, Día da Palabra, saberedes quen resultou gañador en cada unha das categorías. 










E aquí vos deixo as miñas recomendacións para este Samaín rapazada!

Agardo que o pasarades espeluznantemente xenial!

Unha aperta: Castañón!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario