INAUGURAMOS O P.D.I. E RETOMAMOS AS SAÍDAS!

 Boas rapazada!! 

O pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares e, ademais de celebrar o concurso de ambientación de portas, o luns quixemos facer algo especial para dar inicio ao noso PDI "O ano de Galicia". 



É por iso que, despois dun ano complicado, por fin retomamos as saídas!! Non o puidemos facer de mellor maneira que coñecendo a contorna e as especies vexetais que nos rodean.


 Nesa xornada todo o alumnado do centro fomos ata o Monte Coirego e, alí, explicáronnos cales son os efectos nocivos das nosas actividades no medio natural e como a vexetación axuda a contrarrestalos. Tamén nos resolveron un montón de dúbidas sobre por que unhas especies si e outras non ou como as necesidades da zona inflúen nas árbores que se poden plantar nela ou non. 










Esta actividade completámola coa reforestación dunha zona espida que rodea a lagoa: cada estudante puido vivir a experiencia de plantar o seu propio madroño, unha árbore SUPERHEROÍNA que nun período de tempo relativamente curto xa comeza a súa función de converter o CO2 en osíxeno limpo para o resto de seres vivos. 



















Rematamos a xornada paseando ata o alto do monte para  visitar o Observatorio Astronómico de Cotobade.







Noraboa pola pequena pegada para contribuír a coidar o planeta. Agardamos que o pasarades xenial rapazada! 

Non vos esquezades de ir visitar o voso SUPERHEROE madroño.

Saúdos de Castañón!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario