Amosando publicacións coa etiqueta introduciónPDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta introduciónPDI. Amosar todas as publicacións

Entre bambolinas! Novo proxecto para o curso 26/27

 Benquerida comunidade educativa:

Queremos darvos a benvida a este novo curso escolar 2026-2027. 

Arricamos o novo proxecto, titulado Entre bambolinas! e que xirará sobre as artes escénicas (música, danza e teatro).

Estade moi atentos ás nosas redes sociais para poder seguir de préto todas as novidades.

Deixámosvos por aquí toda a información sobre o proxecto para que lle botedes unha ollada: Documentación Entre bambolinas!



Moitas grazas pola vosa colaboración.
Comezamos!

INAUGURAMOS O P.D.I. E RETOMAMOS AS SAÍDAS!

 Boas rapazada!! 

O pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares e, ademais de celebrar o concurso de ambientación de portas, o luns quixemos facer algo especial para dar inicio ao noso PDI "O ano de Galicia". 

O ANO DE GALICIA: DENDE CARBALLEDO, FACENDO CAMIÑO

 Boas rapazada!!

Non sabedes as ganas que tiña de estar unha vez máis por aquí. A verdade é que o verán xa se me estaba a facer un pouco longo.... 

Estou cargado de ilusión e de ganas de traballar, quero xa levar a cabo os novos proxectos e actividades e aprender un montón! 

A cuestión e que este verán, con isto do COVID, estiven de vacacións por Galicia, fixen o Camiño de Santiago e descubrín paisaxes incribles, impresionantes monumentos, coñecín especies de flora e fauna que nunca vira e comín moi ben pero... sei que me quedou moito por descubrir. Así é que pensei que sería egoísta pola miña parte non compartir todo isto con vós; por iso este ano será... "O ano de Galicia"!!!

O ano de Galicia estará cheo de sorpresas, con saídas, novos proxectos, visitas ao centro e... este ano quixen facervos algo diferente polo meu aniversario. 

Ademais, a través deste P.D.I. abordaremos un montón de contidos curriculares partindo da contorna. Aquí vos deixo un breve resumo.


Xa sabedes, dende aquí partimos para coñecer lugares máxicos. 

Acompañádesme neste camiño?

Unha aperta, 

Castañón!!