PÁXINAS
- P.D.I. CARBALLEDO 20-30 (22-23)
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS
- PROGRAMAS DE RADIO
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAST@RTISTADAS
- CAST@_RADIO
- CONVIDADOS Á CAST@RADIO
- P.D.I OS BOSQUES (14/15)
- P.D.I AS FEIRAS (15/16)
- P.D.I. O CINE (16/17)
- P.D.I. A ARTE (17/18)
- P.D.I. O ANO DOS CONTOS (20/21)
- P.D.I. O ANO DE GALICIA (21/22)
- AS CASTANOVAS
- POLOS CREATIVOS
- CLUB DE CIENCIA
Cast@radio. Programa 2: Especial Samaín
Concurso de portas no Día das Bibliotecas Escolares
Boas rapazada!
Un ano máis chega o 24 de outubro e con el... o Día das Bibliotecas Escolares! Que ganas de inaugurar o PDI descubrindo as portas sobre as que levades traballando xa máis dun mes. Imos ver que ideas tivestes para decorar as vosas portas acorde ao ODS que vos tocou traballar.
Cast@radio. Programa 1: Benvidos ao curso 2022/2023
Boas Rapazada:
Hoxe presentamos o primeiro programa do curso 2022/2023. Nesta ocasión contamos cuns presentadores marabillosos de 2º de EP, e unha despedida por parte dos alumnos de infantil, ademais de incluír a sección do alumnado de 5º que nos presenta o proxecto do curso, unhas adiviñas da man dos alumnos de 1º e 2º, e unha sección da vida submarina que nos presentan os alumnos de 3º e 4º. Esperamos que vos guste tanto escoitalo como a nós elaboralo. Unha aperta, Castañón
Presentación do PDI "Carballedo 20-30". Curso 2022/2023
Obradoiros de fin de curso
Boas!
Déixovos unha selección de fotografías do desenvolvemento do último día de curso no que fixemos obradoiros variados dende biblioteca creativa.
Recomendacións lectoras de bibliocarballedo para este verán
Boas rapazada!!
Como xa sabedes, a biblio pecha ata outubro e non queriamos dar por finalizado o noso traballo sen deixarvos de aconsellar que este verán non perdades o hábito de ler, escribir e xogar un montón! Compartide todas estas actividades con amigos e familia e pasade unhas estupendas e merecidas vacacións!
Aquí vos deixamos as recomendacións de bibliocarballedo para este verán!
Castañón!
GAÑADORES no concurso "Atrévete a ter unha idea" de Eduemprende na escola!
Boas rapazada!!
Como xa sabedes, fai un par de semanas o alumnado de 5º e 6º participou nunha xornada de emprendemento no CIPF Carlos Oroza.
A raíz desta participación, algúns deles decidiron presentarse ao concurso "Atrévete a ter un idea!" na que, como empresarios, tiñan que presentar a súa idea de negocio.
Hoxe comunícovos que... RESULTARON GAÑADORES NAS DÚAS MODALIDADES NAS QUE SE PRESENTARON!
a) Modalidade grupal: a clase de 5º combinou as súas ideas para crear unha auténtica "Galiexperiencia"!
b) Modalidade individual: no grupo de 6º Carla Fentanes presentou a idea da "Marmelada de rosas da Vía Mariana"
O Luns 21 os grupos de 5º e 6º foron a Santiago á recollida de premios.

Noraboa por este traballazo!!
Castañón!

.jpeg)


.jpeg)





.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)