Concurso de portas no Día das Bibliotecas Escolares

 Boas rapazada!

Un ano máis chega o 24 de outubro e con el... o Día das Bibliotecas Escolares! Que ganas de inaugurar o PDI descubrindo as portas sobre as que levades traballando xa máis dun mes. Imos ver que ideas tivestes para decorar as vosas portas acorde ao ODS que vos tocou traballar.

Baixo a temática do P.D.I. "Carballedo 20-30"...

O alumnado de infantil traballou sobre o obxectivo de 15. Vida na Terra.
A clase de 3 e 4 anos converteuse en leñador, garda forestal, brigadista... para apagar os incendios que ameazan os ecosistemas que nos rodean. Menuda marabilla.


E que me dicides da clase de 3 e 5 anos, que estivo investigando sobre os animais que viven neses ecosistemas terrestres? Un auténtico traballo de investigación partindo do próximo.


Xa en primaria, o grupo de 1º e 2º creou unha súper porta interactiva e con material de refugallo basada no seu obxectivo (12. Consumo responsable): un xogo para aprender a clasificar os diferentes materiais nos contenedores correspondentes!


3º e 4º traballou duro para preparar esta porta tan orixinal baseada no seu obxectivo: 14. Vida submariña. Os e as submarinistas da clase afondaron no fondo mariño:


                  


Os grupos de 5º e 6º déronlle un montón á cabeza e crearon unhas porta para reflexionar.

A clase de 5º (13. Acción polo clima) creou unha similitude entre un xeado e a terra, que se está a derreter polo cambio climático derivado da acción humana e os animais estanse a extinguir. Menos mal que están a protexela co paraugas dos ODS!




E... como rematará o planeta se continuamos sendo irresponsables nas nosas accións e non nos comprometemos coa sustentabilidade? Iso nos fai ver a rapazada de 6º (3. Saúde e benestar) comparando un planeta non que non se cumpren os ODS e outro no que si. Con cal vos quedades??

E despois da axustadísima votación...





As portas máis votadas foron:

3º premio: 6º de E.P. 


2º premio: 5º de E.P.


1º premio: 3º e 4º de E.P.

Noraboa a todos e todas polo esforzo que hai detrás de cada porta. Este foi o pistoletazo de saída. COMECEMOS A TRABALLAR por "Carballedo 20-30".

Feliz Día das Bibliotecas Escolares.

Castañón 

3 comentarios:

  1. Qué traballo máis marabilloso fixeron !! Naraboa a todos e todas ❤️

    ResponderEliminar
  2. Impresionante traballo!! Que boa creatividade tendes rapazada!! SODES TOD@S UNS ARTISTAS!!!! Noraboa!! A seguir así 👌👏👏

    ResponderEliminar

  3. Traballando a tope. Paraben a todos. Gracias profes. Y infantil 👏👏👏Marina, que traballadores tes!!!

    ResponderEliminar