Boas rapazada!
PÁXINAS
- P.D.I. CARBALLEDO 20-30 (22-23)
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS
- PROGRAMAS DE RADIO
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAST@RTISTADAS
- CAST@_RADIO
- CONVIDADOS Á CAST@RADIO
- P.D.I OS BOSQUES (14/15)
- P.D.I AS FEIRAS (15/16)
- P.D.I. O CINE (16/17)
- P.D.I. A ARTE (17/18)
- P.D.I. O ANO DOS CONTOS (20/21)
- P.D.I. O ANO DE GALICIA (21/22)
- AS CASTANOVAS
- POLOS CREATIVOS
- CLUB DE CIENCIA
CAST@RADIO. PROGRAMA 4 "Seguimos coñecendo Galicia"
Boas cast@oíntes!!
Cantas ganas tiñades de escoitar un novo episodio da nosa cast@radio? Contoume un paxariño que estabades moi emociados e emocionadas por saber o lugar que fun visitar no programa anterior. Non vos perdades quen é a persoa que o averiguou!!
Javi e Blanca tráennos o programa de hoxe, non volo perdades, vén con recomendación gastronómica incluída!
25N. Carballedo contra a violencia de xénero
Ao longo da semana do 25 de novembro abordamos de maneira explícita e planificada o traballo contra a violencia de xénero, valor que necesariamente está presente no noso día a día.
20 DE NOVEMBRO: DÍA DA INFANCIA E DÍA DA PALABRA
Algo tan básico como ter un nome é un dos dereitos que ás veces lle son negados á infancia, obrigándoa a enfrontarse á exclusión e á discriminación.
O 20 de novembro celebramos no cole o Día dos Dereitos da Infancia e, partindo do fantástico álbum ilustrado "Todos temos dereitos", coñecemos cales son eses dereitos básicos e puidemos indagar sobre eles. Conxuntamente conmemoramos o Día da Palabra e, unindo estas dúas datas claves, saíu esta preciosa actividade.
CROSS ESCOLAR
Neste mes de novembro seguimos coñecendo a nosa contorna, esta vez in situ. A rapazada de 2º a 6º viaxou ata Ponte Caldelas para realizar unha actividade proposta dende o Proxecto de Vida Activa e Deportiva: Cross Escolar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

