O club de lectura arrincou este 2025-2026 coas seguintes lecturas:
O alumnado despois de 1º de educación primaria despois de ler Investigato realizou unha actividade na que tiveron que facer unha recompilación dos diferentes personaxes para falar do papel que tiveron ao longo da historia. Despois, debuxaron e escribiron os seus nomes.
No caso de 2º limos Analfabeta, un libro que nos axudou a reflexionar sobre o valor e a importancia da educación, así como a superación persoal e o poder transformador da lectura. Tendo en conta que a nosa protagonista é unha avoa, os nosos nenos e nenas fixeron un retrato das súas avoas e escribrion que admiran máis delas. Despois, expuxemos o traballo feito na nosa biblitoteca.
No club de lectura traballamos coa Reina de Turnedó, transportándonos a un mundo cheo de fantasía e desafíos. Tras pasar uns ratiños de lectura compartido nos que íamos sonorizando o poema a medida que íamos lendo, o alumnado debuxou as diferentes escenas para despois recitarllo aos compañeiros e compañeiras do resto do centro.
No club de cómic decidimos ler Marcopola e despois crear a nosa segunda parte, unha actividade na que non só traballamos a expresión escrita senón tamén o debuxo e outro tipo de tipoloxía textual: a banda deseñada.
Por último, no club de narrativa emocionámonos con Blanca y Viernes, unha historia que amosa a dura realidade de moitas personas e os conflitos de moitas persoas que tiveron que marchar dos seus países. Despois da súa lectura, fixemos un pequeno debate no que non só mencionábamos estos aspectos senón que tamén do que faríamos nós se fósemos Blanca.

.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario