Festexando o entroido!

 BOAS RAPAZADA!
A pesar do mal tempo, iso non nos impediu festexar o entroido como se merecía!

O primeiro que fixemos foi un desfile para que familias e profes observaran os disfraces deste ano, todos eles inspirados no noso concello: fauna típica, hórreos, cruceiros, petos de ánimas...

            
          

Tras este fantástico desfile demos paso ao desfile coas nosas familias.

Unha vez desfilados todos e todas procedemos a entrega de diplomas, valorando o noso xurado aspectos como a orixinalidade, a elaboración ou a caracterización, así como que gardaran relación co noso PDI: Dende A Cuqueira para o mundo. Ademais, tamén entregamos diplomas a tódalas familias que participaron na elaboración de postres de entroido.


Tras isto, merendamos e pasamos a gozar dos diferentes obradoiros: maquillaxe de entroido, xogos populares, paracaídas, elaboración de caretas, danza de entroido...


Rematamos como non podía ser doutra maneira coa liberación de Castañón.


Unha gran xornada!
Apertas
Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario