Esta semana tivemos a oportunidade se seguir coñecendo máis o Entroido de Aguasantas coa elaboración dos tradicionais gorros de Maragato, un dos personaxes máis representativos deste entroido.
Grazas a este obradoiros, representantes do asociación encargada de recuperar este entroido, non só nos explicaron como facer ditos gorros, senón que grazas a eles puidemos profundizar máis sobre estas figuras tradiciones qie destacan pola súa vestimenta colorida e, sobre todo, polos seus gorros tan chamativos adornados con fitas e diferentes elementos decorativos.
A presenza dos maragatos forma parte do patrimonio cultural de Aguasantas e, polo tanto, de Cerdedo Cotobade, simbolizando a continuidade das tradicións populares que se transmiten de xeración en xeración.
Esta experiencia permitiunos valorar aínda máis a nosa cultura popular. Ademais, mirade que gorros tan bonitos fixemos!
Moitas grazas a todos/as pola vosa implicación
QUE VIVA O ENTROIDO DE AGUASANTAS
Castañón
.png)
.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario