Neste novo episodio da nosa radio escolar achegámonos a unha das tradicións máis emblemáticas da nosa contorna: o Entroido de Aguasantas.
Ademais, desde o propio colexio quixemos render homenaxe a esta tradición. Algúns alumnos e alumnas acudiron disfrazados do Entroido de Aguasantas, enchendo os corredores de cor e identidade. O profesorado tamén participou activamente, vestíndose de vellas, maragatos, madamitas e muradanas, facendo visible o noso compromiso coa conservación do patrimonio cultural inmaterial. Só nos faltou o lancero… pero recoñecemos que non era doado meter un cabalo no colexio! .png)
Como peche do programa, o alumnado realiza unha entrevista moi especial a Rubén, lancero, e a Iago, maragato, membros da Asociación Cultural do Entroido de Aguasantas. Con preguntas preparadas previamente na aula, os nenos e nenas amosan interese, respecto e orgullo polas tradicións da nosa terra, coñecendo de primeira man o significado e a vivencia destes personaxes.
Un episodio cheo de aprendizaxe, expresión oral e sentimento de pertenza, no que os máis pequenos se converten en grandes embaixadores da nosa cultura.
Agardamos que o gocedes!
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario