Robótica e electrónica en Polos Creativos

 Bo día rapazada!

Nesta entrada móstrovos todo o traballo realizado este curso no obradoiro de robótica e electrónica de Polos Creativos.

Ao longo deste curso fixemos 4 rotacións e en cada unha tiñamos unha estación de robótica, unha estación de circuítos eléctricos e unha estación de construcción.

ROBÓTICA:

Na estación de robótica puidemos coñecer diferentes robots e aparellos de programación que temos dispoñibles no centro, cada un deles axúdanos a aprender programación e a desenvolver o noso pensamento computacional.


Co EARL V2 fixemos programación manual nun panel no que, como bos superheroes, fomos superando diferentes obstáculos para salvar un tren cheo de pasaxeiros.

Utilizando o Coding Set puidemos aprender diferentes comandos, manipulandoos e visualizando as instruccións no panel antes de enviar a execución do código ao noso superrobot.

O tren "Intelino" permitiunos deseñar as vías polas que tería que pasar o tren, engadindo diferentes instruccións no seu camiño (acelerar a velocidade, facer paradas para deixar pasaxeiros, soltar un dos vagóns, dar marcha atrás,...). Exploramos e probamos diferentes opcións, creando libremente a nosa viaxe.


CIRCUITOS ELÉCTRICOS:

Nesta estación aprendemos cales son os elementos fundamentais para poder conducir a electricidade e facer que un circuito eléctrico funcione.

Aprendemos palabras relacionadas coa electrónica como: "polaridade", "materia conductora", cinta de cobre, pinzas de crocodilo, luz led,...

Entre as actividades desta estación atopamos:

ILUMINA O TEU ESCUDO DE SUPERHEROE: Montamos un circuito de papel utilizando luces led, cinta de cobre e pilas botón para darlle luz ao noso escudo de superheroe.





KIT DE INICIACIÓN Á ELECTRÓNICA: Utilizando os kits de electrónica en papel puxémoslle luz a un faro cun circuito simple, e dúas luces a unha ambulancia nun circuito en paralelo.

PONLLE VOZ AO TEU HEROE: Utilizando o Makey-makey conectado a Scratch, puxemos voz a cada un dos nosos heroes... Foi unha actividade divertidísima. 




CONSTRUCCIÓNS

A estación de construccións permitiunos crear libremente diferentes estruturas, minimundos, torres, etc... 

Os materiais foron variados, utilizando as pezas de madeira do Kappla, o kit de Lego dupplo, figuras xeométricas magnéticas, e o supermotivante kit Korbo de engranaxes.

Mirade canto lle demos ás nosas cabeciñas creadoras!! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario