BOAS!
Tras a transformación que sufriu a nosa biblioteca ao longo deste curso é hora de que as familias a coñezan en profundidade.
Unha vez rematada o pulmón do noso cole, é dicir, a biblioteca, tocou dar a coñecela a toda a comunidade educativa. Para isto convidamos as nosas familias para que non só souberan de primeira man os novos recursos adquiridos (contos, xogos...) senón tamén para que coñeceran o funcionamento da CDU, como se atopan catalogados os libros, como atopar un exemplar...
Ademais, isto tamén era un dos obxectivos do noso proxecto de lectura e familias ao lle puidemos dar resposta facendo comunidade entre todos e todas, pois a biblioteca é un espazo aberto a todos e todas.
Coma sempre, moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración e implicación pois sen elas moitas cousas non serían posibles.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario