BO DÍA
Continuamos fomentando o hábito lector dende ben pequenos co programa Libros que van e veñen impulsado dende bibliotecas escolares.
Grazas a este programa non só intentamos fomentar a lectura no noso alumnado senón que tamén buscamos continuar fortalecendo a relación familia-escola promovendo unha participación activa destas.
Con este programa o noso alumnado máis pequeno aprende a facer o préstamo de libros levando aqueles que máis lles gustan despois de facer unha búsqueda na biblioteca.
Ademais, depois de ler o exemplar escollido, a rapazada deberá facer un rexistro no que debe aparecer o título, os personaxes, a escena que máis lle gustou...
Sen dúbida un programa no que, ademais de traballar o dito anteriormente, tamén lles axuda no proceso lectoescritor así como na introducción a competencia dixital.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario