Rapazada! Xa podemos dar por rematado o curso escolar 24/25 e, por iso, quixemos pasar unha xornada coas nosas familias.
Ao longo da mañá o alumnado amosoulle ás familias todo o aprendido ao longo do ano sobre os superheroes: da ficción, da mitoloxía e, por último, os superheroes da vida real.
Despois, pasamos un ratiño moi ameno nos diferentes obradoiros que se prepararon: o bosque dos superheroes, unha zona de lectura libre, un obradoiro de múscia tradicional, outro de chaveiros, xogos tradicionais, robótica e tamén un photocall heroico.
Como remate, cantamos a canción de Capitán Planeta e gozamos duns aperitivos todos xuntos.
Vémonos o ano que ven!
Gozade moito do verán.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario