Encontro multideporte Terra de Montes no pavillón de Carballedo

 OLA RAPAZADA!
Hoxe o alumnado de 1º e 2º de primaria tivo a sorte de gozar dun encontro multideporte cos nenos e nenas dos outros centros de Terra de Montes.

A rapazada do primeiro ciclo gozou dunha xornada deportiva chea de emocións que resultou ser todo un éxito.

Por segundo ano consecutivo, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria de tódolos centros da contorna puideros compartir unha xornada de xogos e convivencia. Dita actividade tivo lugar no pavillón de Carballedo, no cal o alumnado, distribuido en grupos, foron rotando por diferentes estacións: comba, pano, escondite inglés, bolos, a goma, carreira de sacos, zancos, 4 esquinas, 3 en raia, a rá, o ratón e a mariola. 

Toda a rapazada participou animada e con ilusión, respectando as regras e gozando de xogos tradicionais.


Grazas, coma sempre, aos mestres responsables e que fixeron posible que esta actividade se puidese realizar.

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario