Entrega de medallas do xogade!

 Damos por rematadas neste curso escolar as xornadas de deporte escolar coa entrega de medallas.

Despois dun curso no que o deporte escolar foi de novo protagonista, chegou o día esperado por todos e todas: a entrega de medallas.

O alumnado de 2º a 6º acudiu ao campo das Extremas xunto coa rapazada dos outros centros da contorna para recibir as tan esperadas medallas por participar tanto no cross escolar como nas xornadas deportivas ondre practicaron diferentes deportes.

Unha vez rematada a entregar gozaron dun ratiño de baile e diversión todos xuntos/as.


Apertas


Ningún comentario:

Publicar un comentario