Tecendo redes polas Letras Galegas

 OLA NENOS/AS!
O pasado 17 conmemoramos na nosa comunidade ás nosas cantareiras nas Letras Galegas.

Cada 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas, unha homenaxe a nosa lingua e aos autores que fixeron que esta seguira crecendo. Sen embargo, esta data serve tamén para reivindicar a tradición oral na nosa literatura e é por iso que, este ano, adicousélles este día ás cantareiras galegas. 

As cantereiras son un dos símbolos máis importantes da expresión popular encargadas de transmitir durante xeracións cantigas, romaces... O noso concello, ademais, conta cunha forte presenza de canto tradicional contando con diferentes asociacións de música e danza tradicional encargadas de continuar con esta tradición. 

Foi por isto que, para festexar este día, convidamos ao centro a dúas exalumnas pertencentes a esta asociación, concretamente aos Afoutes do Canón de Pau a que nos explicaran o que fan e nos deleitaran con diferentes cantigas que gardan clara relación co noso concello. Ademais, a rapazada de 2º tivo a oportunidade de cantar con elas.

Por aquí vos deixamos unhas mostras do vivido.

 

Sen dúbida podemos dicir, despois de estar traballando sobre os superhéroes que temos na vida real, que elas tamén o son, non si?

Moitas grazas por acudir, é un pracer ver a antigas alumnas facendo o que fixeron.

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario