Ola rapazada!
Xa rematamos febreiro e con el outro calendario máis de actividades. Esta foi a proposta do mes. Gustáronvos as actividades?
Quen dixo que a actividade física e os libros fosen incompatibles? Nesta ocasión incluímos dúas actividades novas: unha delas foi recrear escenas de personaxes a través do ioga, a outra un obradoiro de voces.
Ademais, imos recuperando pouquiño a pouco (segundo a situación sanitario nolo vai permitindo) os xogos do espacio maker. Cada día da semana xa sabedes que toda a rapazada tedes un xogo nas mesas da entrada da biblio á vosa disposición, o cal deberedes deixar na caixa de corentena despois de utilizalo.
Vémonos mañá cun novo calendario cheo de actividades que vos van encantar!
Castañón!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario