O Entroido 2021 comezou, como todos os anos, co meco. A pesar de que me escondín moi ben, Gusvillano Covid atopoume e encadeoume toda a semana. El enviou uns mandatos a toda a rapazada, os cales debían cumplir para conseguir liberarme o venres 12 de febreiro. Menos mal que lle fixestes caso, e así viñestes todos os días:
Ese último venres antes das vacacións do Entroido, todos vós viñestes cuns difraces chulísimos. Este ano a temática era a do P.D.I.: O ano dos contos. Queredes ver como viñeron os vosos compañeiros e compañeiras?
Aínda que nesta ocasión non puidemos levar a cabo a degustación de filloas, fixestes un montón de actividades divertidísimas en cada clase.
E tamén os vosos profes prepararon o, xa clásico, concurso de disfraces. No ano dos contos non podiamos entregar outro que o premio planeta. Aquí tedes os vosos desfiles, así como aos gañadores e gañadoras en cada unha das categorías.
Rematamos o día coa miña liberación. Como chovía un montón, non puidemos queimar ao noso meco pero... a rapazada encargouse ben de que non volvese a facer das súas.
Gracias a todos/as pola vosa participación!
Agardamos que o pasarades xenial e, unha vez máis, GRACIAS POR LIBERARME DE GUSVILLANO COVID!!!
CASTAÑÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario