ÁRBORE DAS LEMBRANZAS

Ola rapazada!
Como xa sabedes está a piques de chegar o Nadal, e para isto, coma sempre imos facer unhas actividades. Por unha banda imos crear a árbore de Nadal , e como este ano a temática son as FEIRAS, pois decidimos facer a ÁRBORE DAS LEMBRANZAS, e así aproveitarémolo para facer unha exposición de fotos, voltando ao pasado e para isto necesitamos que traiades ao cole fotografías .Pero teñen cumprir unhas condicións:

·       Teñen que ser fotos en branco e negro.
·       Teñen que ser fotos familiares.
·       Poden ser fotos relacionadas coa vosa familia e o mundo das feiras.

 É importante que lles digades aos vosos pais e nais que non as imos estropear xa que na árbore non poñeremos as orixinais, vós traédeas ao cole ben en formato papel, ou ben en formato dixital e os profes xa se encargan de copialas ou de imprimilas.

Que vos parece esta primeira actividade? Espero que ben e… aló vai a seguinte.
 Coma cada ano faremos unha actividade en familia, e esta vez vai consistir en decorar unha estreliña que vos daremos para que  a traiades á escola o vindeiro mércores día 9 de decembro, xa sabedes que é fundamental por a voar a imaxinación para que queden unhas estreliñas, ben xeitosiñas.

Xa estou ansioso de ver as vosas fotiños e as vosas estrelas. Seguro que nos queda unha árbore para o recordo.







Saúdos, Castañón!




DÍA DA PALABRA


Ola rapaciños!
Aquí vos deixo o vídeo da charla do avó de Nerea de 3º para que lembredes todo o que nos contou sobre o PODER DA PALABRA nos tempos das feiras.






 E xa sabedes para calquera cousa...Castañón sempre á vosa disposición!

A ORIXE DAS FEIRAS

OLA RAPACES!

 Aquí vos deixo a presentación que usamos para as charlas da profe Paz sobre A ORIXE DAS FEIRAS, para que a poidades visualizar cando queirades. Agardo que vos guste.





CHARLA DAS FEIRAS



Rapaciños, aquí vos deixo o vídeo das charlas da profe Paz. 
Saúdos, Castañón!

SAMAÍN

BOAS RAPACIÑOS ! 
Aquí vos deixo os vídeos do Samaín, agardo que vos gusten moito.

 
SAÚDOS, CASTAÑÓN!