SABELA CHEGA NUN BARCO DE VELA!

A pasada semana tivemos a sorte de que chegara ata a bibliocarballedo, un barco de vela no cal viña Sabela, unha contacontos moi divertida, trouxonos unha divertida historia na cal os protagonistas foron catro dos nosos compañeiros e compañeiras.
De seguido vos deixo, coma sempre, unhas fotiños deste encontro tan entretido.









SAÚDOS, CASTAÑÓN!

A viaxe das mochilas viaxeiras chega ao seu fin !

Rapaciños este ano, púxemos por primeira vez en marcha as mochilas viaxeiras, gustouvos a experiencia? 
Eu xa estou a cavilar en que vos vou gardar nelas para o próximo curso. Pero para finalizar vouvos deixar unhas fotografías dun traballo realizado por un alumno e a súa familia. Agardo que vos gusten.
E xa sabedes para calquera cousa....
Castañón sempre á vosa disposición.



Grazas a familia de León Torre por este fermoso agasallo para a biblio!!

E NO VERÁN.... A LER!!

Ola rapaces!
 Achegase o verán e estivenvos a preparar unhas recomendacións por si neste verán queredes gozar do pracer da lectura, no voso tempo de lecer, non o dubidedes, algún destes libros poderedes aproveitar. Quen será capaz de ler máis en todo o verán???
Saúdos amigüiños Castañón.

17 DE MAIO

O vindeiro día 17 de maio é o día das letras galegas e este ano adícaselle a Xosé María Díaz Castro, un poeta nado na parroquia dos Vilares, no Concello de Guitiriz, na provincia de Lugo,é autor dun libro de poesía chamado "Nimbos". A continuación deixovos un vídeo para achegarvos á figura do poeta lucense.
SAÚDOS CASTAÑÓN!

NOVA BIBLIOCARBALLEDO!


Aquí vos deixo unhas fotiños do meu novo fogar para que o poidades observar. Agardo ansioso as vosas opinións.

             
     
          OBSERVASE A ZONA MULTIMEDIA, COA PANTALLA E OS ORDENADORES
                  ZONA DE CONTACONTOS E LECTURA DISTENDIDA  
ZONA DE PRÉSTAMO

                                            ZONA DE NOVIDADES

                             DIFERENTES  VISTAS DE BIBLIOCARBALLEDO




 AGARDO QUE VÓS GUSTE E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!

REINAUGURACIÓN DO MEU FOGAR !

A pasada semana tivo lugar a reinauguración do meu fogar, tivemos dúas actuacións Pavís-Pavós e o mago Javier Muro, foi moi especial,e para que o poidades corroborar unhas fotiños vos vou amosar e así poidades comentar.











 Saúdos, Castañón!