Imos a unha exposición da garda civil

 BOAS NENOS/AS

Seguimos nunha semana chea de actividades, neste caso, coñecendo o funcionamento da garda civil.

O pasado martes o noso alumnado de primaria acudiu a Tenorio xunto coa rapazada dos outros centros do concello así como os do IES de Cotobade a coñecer de primeira man os principais destacamentos da garda civil que son, sen dúbida, grandes superheroes na nosa vida, tal e como estamos a traballar este trimestre.

Alí foron rotando polas diferentes unidades (agrupación de tráfico, SEPRONA, a xudicial...) onde lles explicaron as súas funcións principais e incluso tiveron a oportunidade de subir aos vehículos oficiais, por as sirenas... ou mesmo facer a proba de alcoholemia.

Unha actividade moi necesaria debido a importancia que ten a garda civil no noso día a día para garatir, entre outras moitas cousas, a nosa seguridade.

A rapazada pasouno en grande, só hai que ver as fotos.

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario