Visita dos nenos e nenas de 5º e 6º ao CIFP Carlos Oroza

 OLA RAPAZADA!

Antes de marchar de vacacións o alumnado de 5º e 6º de EP tivo a oportunidade de visitar o Centro Integrado de Formacion Profesional do Carlos Oroza.

Grazas ao programa Eduemprende o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man un centro de formación profesional onde, ademais de visitar todas as instalacións, descubriron outras saidas profesionais: cociña e restauración, panadería e repostería ou xestión de aloxamentos turísticos, entre outros.

Alí o alumnado dos ciclos explicáronnos en que consistían os ciclos que estudaban, posibles saídas profesionais, estudos que se necesitan...

Ademais, tamén tivemos a sorte de visitar a súa horta e incluso puidemos plantar uns tomates e levamos grandes ideas para a horta do noso centro.

Para rematar a xornada degustamos unha gran merenda!

Saúdos

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario