Saída 2º trimestre: Senda mitolóxica O Viso

 OLA RAPAZADA!

A pasada semana tivemos a saída do segundo trimestre: facer a senda mitolóxica situada no Monte O Viso.

Este trimestre estamos a traballar os heroes mitolóxicos e non podiamos non ir a coñecer a senda mitolóxica que temos en Santiago de Compostela, concretamente no Monte O Viso.

Ao longo desta ruta fumos coñecendo diferentes seres mitolóxicos galegos e profundizamos máis sobre eles: o gatipedro, as mouras, a lamia, a coca, o mouro.... e moitos máis!
Ademais, tamén coñecemos unha nova ruta gozando das paisaxes e dos entornos naturais tan marabillosos que temos na nosa comunidade.

Durante a andaina tivemos que parar a recuperar forzas e, despois de facelas, xantamos todos xuntos. 

Sen dúbida, unha saída moi interesante e con moito aprendizaxe!

Apertas

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario