OLA RAPAZADA!
Aínda con resaca emocional do vivido o pasado 23 de abril con motivo da conmemoración do día do libro.
Como xa sabedes, o pasado mércores 23 de abril festexamos o II Encontro de Letras na Praza para conmemorar o Día do Libro e foi por isto que convidamos ao diferentes centros da contorna a pasar unha gran xornada de convivencia connosco.
Os centros educativos de Fornelos, A Lama e os do noso concello, Tenorio e Cerdedo, gozaron con nós dunha marabillosa xornada onde puideron facer diferentes obradoiros: contacontos, representacións teatrais, elaboración de marcapáxinas, chaveiros feitos coa cortadora láser, estampación dos animais favoritos dos nosos contos, arte en inglés, un tendal artístico, robótica, construccións... e incluso unha feira de libros, unha zona de lectura libre ou unhas instalacións no noso bosque para sumerxirse en diferentes contos como o de Un agasallo diferente.
Ademais, tivemos a sorte de contar coa nosa asesora de bibliotecas así como outros representantes como o noso alcalde Jorge, Fernando ou o alcalde de A Lama.
Para rematar a xornada tivemos a sorte de contar co espectáculo de Migallas e os seus Cantaxogos.
Sen dúbida, unha gran xornada na que reunimos no noso cole preto de 400 rapaces e rapazas, onde convivimos e festexamos un día tan importante como o do libro con moita música e baile.
Agradecer ás nosas familias colaboradoras pola súa implicación e axuda para que isto fose posible.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario