Imos de concerto!

 BO DÍA!

A pasada semana tivemos a sorte de gozar dunha nova experiencia: ir de concerto!
O alumnado de 1º a 6º de EP tivo a oportunidade de acudir ao auditorio do conservatorio profesional de música da cidade de Pontevedra (CMUS Manuel Quiroga).

O primeiro que fixeron ao chegar foi coñecer diferentes instrumentos de orquestra: de vento, de corda... así coma outros como o acordeón, unha guitarra clásica ou incluso unha viola de gamba que é un instrumento típico do barroco. 

Despois viron o conto narrado e musicalizado da obra de música clásica Peer Gynt.

Agardamos que á rapazada lle gustase esta experiencia.

Saúdos

Castañón






Ningún comentario:

Publicar un comentario