Club de lectura 2º trimestre!

 OLA RAPAZADA!

Quero darvos a noraboa pola vosa implicación no club de lectura.

No segundo trimestre os libros escollidos foron os seguintes:

  • 1º EP: Axentes riciños
  • 2º EP: Analfabeta
  • 3º4º EP: Unha nova dimensión
  • 5º6º EP: A mulleres que cultivaban néboas


No club de a rapazada leu Axente Riciños do Hematocrítico xunto cos nenos e nenas de 5º e 6º EP. Despois de comentar o conto e o que máis nos gustou estivemos falando dos diferentes personaxes e o que máis nos gustou para que a rapazada dos últimos cursos puideran preparar unha entrevista para o programa de radio na nosa Cast@radio onde faremos unha recomendación especial fomentando así un traballo colaborativo dende o club implicando a tódolos cursos e motivándoos de cara o curso que vén.


No que se refire ao club de lectura de
lemos Analfabeta, un conto cheo de valores. As contraportadas deste conto, cheas de letras en consonancia co tema principal, deunos a idea de elaborar o noso propio mural composto de palabras relacionadas coa lectura escritas en páxinas de libros reciclados. Sen dúbida, unha lectura chea de emoción e sentimento que nos axuda a ver que non a todos se nos ten que dar ben todo e que, en moitas ocasións, desprezamos as capacidades doutras persoas sen darnos conta.

En 3º e 4º lemos Unha nova dimensión, un libro de poesía que nos permitiu levar a cabo accións que fomentasen o gusto por este xénero como as dramatizacións. Cada rapaz e rapaza escolleu un poema para ler en alto na xuntanza e, depois, cada un elaborou o seu propio menú poético:
  • Entrantes: palabras fermosas.
  • 1º prato: un verso que lles guste
  • 2º prato: unha estrofa
  • Sobremesa: un poema inventado

No que se refire ao club de 5º e 6º decidimos pasarnos este trimestre á lectura dun álbum
ilustrado, concretamente A muller que cultivaba néboas. Despois de ler todos xuntos, reflexionamos sobre os temas que trataba, afondando especialmente na violencia de xénero e na igualdade. Despois desta reflexión, xuntámonos outro día para elaborar murais temáticos nos que fixemos unha constelación na que fumos relacionando titulares de periódico sobre a violencia de xénero, outros libros que buscaron na biblioteca de centro sobre a mesma temática... Sen dúbida un gran traballo.

Como vedes este trimestre quixemos introducir algunhas novidades co fin de motivar á rapazada como a lectura compartida, actividades que implicasen ao resto do alumnado do centro ou produtos finais que a rapazada non coñecía como os menús poéticos.

É todo un pracer traballar con esta rapazada nos clubs de lectura.

Vémonos cos clubs do último trimestre.

Apertas
Castañón




Ningún comentario:

Publicar un comentario