OLA COMPAÑEIROS/AS!
O pasado 17 de marzo celebrouse o Día de Cómic e nós aproveitamos a visita dunha gran escritora como o é Eva Mejuto para traballar sobre a banda deseñada.
Este ano decidimos ler diferentes contos de Eva Mejuto, unha gran escritora pontevedresa que conta con numerosas obras.
Así, o alumnado de educación infantil leu Dez gatiñas viaxeiras, os nenos e nenas de 1º Cando leo mentres que a rapazada de 2º tivo a oportunidade de gozar de Maruxa. No que respecta a rapazada de 3º e 4º leron o divertido conto do Día que choveron gatos e para rematar, os de 5º e 6º leron Neko, un dos seus últimos libros.
Como esa semana tamén conmemoramos o Día de Comic o noso alumnado traballou colaborativamente para presentárlle a Eva unha banda deseñada baseada nos contos lidos, nal cal as diferentes persoaxes interactuaban entre sí creando unha nova historia. Unha actividade que resultou tan interesante como divertida.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario