Visita ao CIFP Carlos Oroza

 BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!

Este luns o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de visitar o CIFP Carlos Oroza grazas ao programa Depoemprende.

Durante a mañá a rapazada tivo a oportunidade de coñecer as diferentes instalacións: as aulas da horta, da cociña, da cafetería ou do hotel. Despois, puxéronse mans á obra e realizaron tres obradoiros que consistían na elaboración dunha infusión fría con froitas silvestres, outro no que tiveron que deshidratar especies para logo poder cociñar e unha última actividade na que tiveron que replantar as especies consumidas.
E xa para rematar a xornada non puideron ter máis sorte pois tiveron a oportunidade de gozar dunha gran merenda que lle tiñan preparada con brochetas de froita, biscoitos...
Unha fantástica maneira de valorar a importancia do consumo responsable e o autoconsumo. 
Dende logo os nosos nenos e nenas quedaron encantados!

Apertas

Castañón




Ningún comentario:

Publicar un comentario