De Carb@ruta ao Alto do Castro!

 OLA RAPAZADA!

A pasada semana fixemos unha das actividades que máis nos gustan do noso cole: unha nova carb@ruta pola contorna!

Aproveitando o bo tempo que nos está acompañando decidimos saír a coñecer novos recunchos do noso pobo. Nesta ocasión fixemos unha andaina ao Alto da Cruz toda a rapazada de 1º a 6º mentras que o alumnado de educación infantil chegou ata a Igrexa de San Miguel. 

Unha vez chegamos exploramos a contorna, observamos o castro e merendamos gozando dunhas vistas incríbles!

Seguimos fomentando hábitos saudables dentro do proxecto de vida activa e deportiva dende ben pequeniños/as!

SAÚDOS

CASTAÑÓN



Ningún comentario:

Publicar un comentario