DÍA DO LIBRO! I ENCONTRO "LETRAS NA PRAZA"

 BO DÍA RAPAZADA!
O pasado mércores conmemoramos o Día do Libro dunha maneira moi especial: acudimos á Lama para asistir ao I Encontro "Letras na Praza" xunto co alumnado do CEIP de Fornelos de Montes e o do CEIP A Lama.

Este ano conmemoramos o Día do Libro con outros centros educativos da contorna: o CEIP A Lama e o CEIP de Fornelos de Montes nunha gran xornada de diversión e convivencia.

No I Encontro Letras na Praza levamos a cabo moitos e diversos obradoiros que tiñan como principais protagonistas os contos e, por suposto, os espazos fedelleiros que temos nas nosas bibliotecas e que, nun día tan especial, non podían ser esquecidos. 

Ao longo da mañá a rapazada puido intercambiar contos que levaban da casa, recomendar lecturas, ler ao espazo libre grazas á furgo de Tini... pero tamén tiveron a gran sorte de participar nun programa de radio en directo, elaborar marcapáxinas personalizadas, chaveiros, dinámicas cos escornabots e unha morea de cousas máis! Ah, e sen esquecernos da música que correu a cargo de Ce´ Orquestra Pantasma. 


Que ben o pasamos!

Para o ano máis e mellor!

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario