OLA RAPAZADA!
Como xa saberedes, este ano temos en marcha tres clubs de lectura: un para 1º e 2º, outro para 3º e 4º e o club de 5º e 6º.
Este primeiro trimestre a selección de lecturas foi a seguinte:
No caso da rapazada de 3º e 4º escolleuse o libro de Bruxa e familia de Paula Carballeira, outro acerto sen lugar a dúbidas!
E xa por último, o alumnado de 5º e 6º leu un libro de Eloy Moreno, concretamente Invisible. Un libro que axuda a concienciar e visibilizar temas tan importantes como o acoso escolar. Disto quixeron falar na sección de radio, na que non só deron a súa opinión sobre o libro senón que tamén quixeron falar sobre esta temática e a realidade a cal se afrontan moitos nenos e nenas.
Vémonos coas actividades dos clubs do 2º trimestre!
Saúdos
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario