Día da (dis)capacidade

 OLA COMPIS!

Hoxe fixemos unha paraugada para conmemorar o Día da Discapacidade.

O noso alumnado traballou durante toda a semana pasada cos diferentes contos e libros que temos na nosa biblioteca así como os proporcionados polo CFR coa súa maleta de inclusón educativa. Grazas a eles, a rapazada sacou conclusións en forma de palabras ou pequenas frases que axuden a fomentar a inclusión na sociedade de tódalas persoas, defendendo que todos e todas temos os mesmos dereitos e oportunidades.

O resultado foi unha morea de gotas con mensaxes moi claros que se colgaron en diferentes paraugas que podemos ver no noso patio cuberto seguindo o lema "BAIXO O MESMO PARAUGAS"

Algunhas das palabras e frases que saíron foron: EMPATÍA, TODOS E TODAS E TODOS TEMOS OS MESMOS DEREITOS, RESPECTO, SEN PRESA, COMPAÑEIRISMO, DEREITOS, IGUALDADE, SEN PRESA, LIBERDADE...


LEMBRADE QUE TODOS E TODAS TEMOS DEREITO ÁS MESMAS OPORTUNIDADES!
POR UNHA VERDADEIRA INCLUSIÓN EDUCATIVA

MOITAS APERTAS

CASTAÑÓN




Ningún comentario:

Publicar un comentario