As cores de carballedo 4.0

OLA RAPAZADA!

Outro ano máis o alumnado de quinto e sexto continúa coa nosa cooperativa "As cores de Carballedo 4.0". 

A rapazada de quinto e sexto leva traballando dende o mes de outubro na constitución da súa cooperativa As cores de carballedo 4.0, mediante a cal recaudaran fondos para despois doar o recaudado a unha asociación grazas ao programa Depoemprende. Para iso, levaron a cabo diferentes reunións, prepararon a campaña electoral para elexir ao equipo directivo, os mítins, as votacións e, finalmente, a constitución da propia cooperativa.


Por último, o noso alumnado tivo a oportunidade de presentarlle a nosa cooperativa e o traballo realizado a outros centros educativos na Deputación de Pontevedra, onde foron recibidos polo noso alcade. Alí falaron dos integrantes, do noso concello e as súas fortalezas, dos principios nos que nos baseamos e tamén dos diferentes produtos que elaboramos e a asociación escollida este ano como destinataria dos fondos que recaudaremos, sendo este ano a AFAPO, unha asociación de familiares de persoas con alzhéimer de Pontevedra. 


Por aquí vos deixamos o vídeo da presentación. Que ben o fixeron!


Apertas!

Castañón



Ningún comentario:

Publicar un comentario