Dende Biblio Creativa volven, un ano máis, os retos! Queredes ver que tal se lle deu á rapazada?
Xa
que este ano estamos metidos de cheo no proxecto "Carballedo, que
animalada!", que mellor que comezar aproveitando os recursos da contorna
para crear animais.
Da man deste reto as nenas e nenos tiveron que saír na
procura de diferentes elementos da natureza (cortizas, follas, ramas, ourizos,
castañas, musgo...) e, a partir deles, imaxinar e crear o animal que preferisen.
Aquí vos deixo unhas imaxes para que vexades o ben que o fixeron e o creativos
que son!
Agárdovos o vindeiro mes cun novo reto.
Castañón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario