Ola compañeiros/as!
O pasado luns a nosa rapazada tivo a gran sorte de visitar Apípolis e poder coñecer o fascinante mundo das abellas e converterse en apicultores e apicultoras por un día.
Nesta xornada, a rapazada foi rotando por diferentes obradoiros a través dos cales non só coñeceron aspectos básicos das abellas senón que tamén aprenderon a recoñecer cal é a raíña, o procedemento para a extración e produción de mel e incluso tiveron a oportunidade de elaborar diferentes produtos co mel obtido como velas ou a preparación dunhas riquisimas galletas. E isto non foi todo, pois ata se vestiron de apicultures!
Exposición de abellas!
Visita ao apiario
Os productos das abellas
Como vedes, uns talleres moi divertidos nos que aprendemos unha morea de cousas dun dos animais máis importantes da nosa biodiversidade e que resultan esenciais para a nosa vida.
Traballando xa arreo no PDI Carballedo, que animalada!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario