BOAS COMPIS!
O pasado venres celebramos o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e tamén fixemos unha pequena carbaruta pola contorna.
Para este día dende o noso centro organizouse unha pegada de carteis polos locais da nosa contorna.
Para iso, o noso alumnado traballou e investigou sobre a violencia de xénero, que é e, especialmente a necesidade de concienciar e sensibilizar acerca da importancia dunha educación baseada na igualdade e no respecto.
Unha vez elaborados, puxémonos en marcha e comezamos a nosa andaina por Carballedo dispostos a mandar a nosa mensaxe a toda a comunidade. A primeira parada foi o estanco Cuiñas, seguindo pola Cafetería A Chan, o supermercado de Rocío, Forestalis, Casa Inés, a farmacia e, por suposto, o centro de Saúde e o Concello.
E xa, para rematar a mañá, fixemos unha pequena andaina fomentando hábitos saudables como o deporte e de paso, aproveitamos non só para coñecer máis sobre a nosa contorna senón que tamén puidemos observar algúns animais e profundizar sobre o noso PDI Carballedo, que animalada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario