Boas rapazada!
O pasado 24 de outubro, con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, inauguramos o noso PDI: Carballedo, que animalada!
Como xa poderedes intuir polo título, este ano traballaremos sobre os animais dos diferentes hábitats: da selva, do bosque, da sabana, do deserto, dos polos, dos fondos mariños... Pero...coñecemos os animais que temos na nosa contorna?
E por iso que decidimos, ademais da decoración e ambientación de portas, pedirlle ao alumnado unha foto co animal que quixeran, podía ser dende as nosas mascotas ata unha libélula, por exemplo.
Con estas fotos, fixemos un gran mural colaborativo de toda a comunidade educativa no cal íamos pegando e explicando que animal escollemos e por qué. A verdade é que saíron moitísimos animais!
Quedoulles chulísimo!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario