Celebración do noso Samagostín!

 OLA RAPAZADA!

Que ben o pasamos o día de noso Samagostín, no cal disfrutamos tanto do Samaín como dunha gran castañada!

Outro ano máis decoramos o noso centro e a nosa rapazada veu disfrazada, daban verdadeiro medo! Calquera se lles acercaba!

EI: 3 e 4 anos

EI: 4 e 5 anos


1º E 2º de EP

3º de EP

4º de EP

5º e 6º de EP


Durante a primeira parte da xornada a rapazada, en grupos interniveis, foron rotando por diferentes talleres e obradoiros:

1. Envolvemos á momia

2. Xogos populares e lanzacastañas


3. Lectura ás escuras


4. Maquillaxe 

5. Xogos de sombras


6. Danza terrorífica


Unha vez rematados os obradoiros puidemos degustar unhas deliciosas castañas!

E xa para rematar esta xornada tan divertida, entregamos os premios aos mellores disfraces a pesares de que todos e todas estaban terroríficamente incríbles!

Premio ao disfrace máis cultural


Premio ao disfrace máis terroríficamente animal


Premio ao disfrace coa mellor maquillaxe


Premio ao disfrace máis enxebre


Premio ao disfrace máis caracterizado


Premio ao disfrace máis orixinal


Como vedes pasamos unha gran xornada de convivencia na cal festexamos dúas das festas máis tradicionais da nosa comunidade.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación!

Apertas

Castañón










Ningún comentario:

Publicar un comentario