Xornada deportiva: Campo a través

 BOAS RAPAZADA!

Hoxe o noso alumnado de primaria tivo a oportunidade de disfrutar dunha gran xornada de convivencia con outros centros da contorna e participar na actividade de campo a través.

A rapazada de 1º a 6º asistiu ao cross celebrado en Caritel, onde tiveron que correr con outros nenos e nenas doutros centros por uns circuitos dependendo da súa idade. Mentres uns corrían os demais non deixaban de animar aos seus compañeiros e compañeiras ao berro de "Carballedooo, Carballeeedo...". 
Mirade con que cariñas chegaban á meta... cansos pero moi contentos!
Ademais, unha vez rematadas as carreiras desfrutamos todas e todos dunha gran chocolatada que nos sentou de marabilla.

Sen dúbida, unha gran xornada que xa estamos desexando repetir.

Apertas

Castañón














Ningún comentario:

Publicar un comentario