Sesión de primeiros auxilios. Carballedo 20-30

Ola rapazada! 
Un pouquiño antes de marchar de vacacións, o noso alumnado tivo a oportunidade de aprender unhas nocións básicas de primeiros auxilios.



Grazas a esta actividade, a rapazada do noso centro é quen de recoñecer cando unha persoa necesita atención sanitaria inmediata para darlle así unha pronta resposta. Para iso, os profesionais encargados ensináronlle como ver se a persoa respira e, algo moi importante, como chamar aos servizos de emerxencia. Primeiro, atenderon ás explicacións e practicaron nas aulas.




Unha vez que xa tiñamos claro os conceptos básicos... puxémonos mans a obra nunha simulación realizada dende a biblio.




Por outra banda, o alumnado non foi o único afortunado de formarse nisto, senón que este trimestre toda a comunidade educativa, dende o profesorado ata o persoal de cociña ou da limpeza, tiveron tamén a oportunidade de aprender e coñecer nocións básicas de primeiros auxilios.





Todos nós queremos agradecer a Martín Otero, mestre na Escola de Enfermería e as súas compañeiras a súa implicación e colaboración.

Unha aperta, 

Castañón





Ningún comentario:

Publicar un comentario