Actividades para a dinamización da biblioteca: decembro!

Boas rapazada! Aquí estou un mes máis coas actividades de dinamización da nosa biblio creativa... que novas vos prepararían os vosos e as vosas profes?

Este foi o programa coas actividades para o mes de decembro:

Como cada mes, tivemos visita en bibliocarballedo. Nesta ocasión contamos con dúas convidadas na nosa biblio: por unha banda, volveu Laura para continuar co seu obradoiro de elaboración dun teatriño. Nesta ocasión centrámonos na elaboración do escenario. 

Tamén veu a profe Alba a facernos unha sesión de dinamización lectora sobre o conto "Un calcetín infinito". Ademais, realizamos un montón de actividades relacionadas co Nadal. 



Boas vacacións rapazada! Vémonos a volta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario