Degustación de merendas saudables. 1º trimestre

Boas rapazada!
No camiño de modificar hábitos alimentarios para mellorar a nosa saúde, co inicio do PDI tamén instauramos as "Degustacións saudables",

 
Cada mes unha clase encargarase de pensar e organizar unha merenda saudable para o resto dos seus compañeiros e compañeiras do cole. 

NOVEMBRO
En novembro o alumnado de 6º foi o responsable e preparou este riquísimo cóctel cheo de vitaminas para combater os resfriados. Para facelo, aplicou as técnicas aprendidas o curso pasado coa visita ao CIFP Carlos Oroza e os obradoiros desenvoltos dende o ciclo de restauración.


DECEMBRO
Aproveitando o excedente de limóns, o grupo de 5º preparou en decembro un delicioso postre con unicamente tres ingredientes: iogur natural, limón e mel. 



Xa estamos mans á masa coas receitas deste trimestre e pronto as poderedes ver. 

Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario