Obradoiro de ecopercusión

 OLA RAPAZADA!

Na publicación de hoxe vou contar a actividade tan chula e divertida que fixemos o pasado xoves a cargo de Matrácala.

Como xa sabedes, seguimos traballando de cheo no proxecto de este ano, Carballedo 20-30 e, por iso, seguimos levando diferentes actividades e obradoiros. Nesta ocasión, a obradoiro de ecopercusión demostrounos como mediante materiais de refugallo ou inlcuso o noso corpo podemos facer música. Unha pasada, verdade?


Na imaxe podemos ver diferentes instrumentos reutilizando diferentes materiais como os caldeiros da pintura ou mesmo botella de plástico que de seguro todos e todas temos nos nosos fogares. Así, uns actuaban de tambores, outros eran bongos, outros maracas... 




Por aquí vos deixo unha pequena mostra do resultado. Estes nosos rapaces e rapazas están feitos/as uns artistazas non si?




Unha forte aperta, 

Castañón












Ningún comentario:

Publicar un comentario