Despois do duro traballo realizado ao longo do trimestre, chegou a hora de compartir todo o aprendido cos vosos compañeiros e compañeiras.
ODS 15. VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
A rapazada de infantil investigou sobre os distintos ecosistemas que existen na Terra, sobre o seu clima e sobre as especies de flora e fauna propias de cada un deles. Tamén crearon unha maqueta espectacular sobre todo o que aprenderon.
ODS 14. VIDA SUBMARINA
Que está a pasar no fondo do océano? Que estamos a facer mal os seres humanos e como está a influir sobre o ecosistema mariño? Non vos podedes perder a obriña de teatro que prepararon os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º para informarnos de todo isto.
ODS 13. ACCIÓN POLO CLIMA
Un dos asuntos de maior interese social é o cambio climático. O grupo de 5º encargouse de investigar por que se está a falar tanto deste tema, que ten que ver o efecto invernadoiro nel e como podemos axudar a frealo.
ODS 3. SAÚDE E BENESTAR
A rapazada de 6º nunca deixa de sorprendernos e, para esta ocasión, creou un rap a modo de "pelexa de galos", cos consellos e información de utilidade para manter unha boa saúde.
ODS 12. PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE
Finalizamos as exposicións co alumnado de 1º e 2º, que analiza os seus hábitos de consumo a través das cartas aos Reis Magos, compáraos cos dos seus avós e avoas e é capaz de reflexionar sobre eles. Ademais, encargáronse de investigar sobre a clasificación de residuos e crearon os colectores para repartir a cada clase.
Aquí tedes algunhas fotiños destas exposicións:
Agora que xa sabemos sobre o que estamos a falar, comecemos a actuar!! Neste segundo trimestre centrarémonos en deseñar iniciativas encamiñadas ao desenvolvemento sustentable.
Seguide así rapazada!!
Apertas: Castañón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario