AND THE WINNER IS...

Ola rapaciños e rapaciñas!

Hoxe estou moi contento porque xa temos gañadores do II CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS, e sobre todo por ver o ben que traballastes todos e cada un de vós nas vosas aulas. 
De seguido apararecen  as puntuacións que obtiveron as portas presentadas ao concurso.

5 anos: 50 puntos 
5º e 6º: 45 puntos 
4º: 35 puntos 
1º: 30 puntos 
3 e 4 anos: 20 puntos 
3º: 15 puntos 
2º: 15 puntos 


De seguido deixovos as fotos para que vexades o resultado:












Agardo que vos gustasen tanto coma a min!
 E... estade atentos que xa estou argallando a seguinte misión!!!!!

Saúdos, 
Castañón

ACHEGASE O MEU ANIVERSARIO!!

Ola rapaciños e rapaciñas!

A pasada semana envieivos ás vosas aulas unha cartiña indicándovos que se achega o meu segundo aniversario e  para isto propuxénvos o xa tradicional CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS. 

 Estades xa postos mans á obra? Eu coido que sí porque cando andiven de paseo polos corredores da escola, vin moito movemento e pouco a pouco xa se está transformando nunha gran feira, posto que é o tema que ímos investigar e polo tanto aprender moitisimas cousas xuntos para elaborar o P.D.I deste ano.

Deixovos de novo a páxina que atopades na lapela das Castanovas para que lembredes a actividade.


 E XA SABEDES, PARA CALQUERA COUSA...CASTAÑÓN, SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!

ARRANCAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Ola rapazada!

O pasado mércores xa chegaron ás vosas clases as mochilas viaxeiras,  a partir de  agora  ireivos subindo na lapela correspondente,  os traballiños que vaiades facendo con elas.,  Xa estou impaciente para que  chegue o  mércores. 
Quen aparecerá no blogue? 
Aquí vos deixo coma sempre aos afortunados e afortunadas que comezan a andaina.

 Saúdos,Castañón!

ACABARONSE AS VACACIÓNS, CHEGOU Á HORA DE VOLTAR AO TRABALLO!

Boas rapaciños:


Votavádesme de menos? pois ...xa estou aqui!! Estades preparados para traballar?, xa estou pensando na nosa primeira misión do curso.
 Pero antes vouvos dar unha pista para que comencedes a cavilar. Ocurresevos que ímos facer?

E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA ... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN !!

VIDEO RESUMO DA I SEMANA DO KAMISHIBAI

Ola rapaciños e rapaciñas! 
Aquí vos deixo o vídeo resumo da I semana do Kamishibai, agardo que vos guste tanto coma a min e que desfrutedes do vídeo. Eu xa estou desexando volver a escoitar contos no kamishibai, e voltar a ver aos nosos amigüiños de Pavís-Pavós pola biblio.