ACHEGASE O MEU ANIVERSARIO!!

Ola rapaciños e rapaciñas!

A pasada semana envieivos ás vosas aulas unha cartiña indicándovos que se achega o meu segundo aniversario e  para isto propuxénvos o xa tradicional CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS. 

 Estades xa postos mans á obra? Eu coido que sí porque cando andiven de paseo polos corredores da escola, vin moito movemento e pouco a pouco xa se está transformando nunha gran feira, posto que é o tema que ímos investigar e polo tanto aprender moitisimas cousas xuntos para elaborar o P.D.I deste ano.

Deixovos de novo a páxina que atopades na lapela das Castanovas para que lembredes a actividade.


 E XA SABEDES, PARA CALQUERA COUSA...CASTAÑÓN, SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario