BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!
Outro ano máis con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, o noso cole viviu unha xornada moi especial na que a imaxinación e as artes escénicas foron as grandes protagonistas.
Este ano, a celebración estivo moi ligada ao noso Proxecto Documental Integrado (PDI), «Entre bambalinas», arredor do cal organizamos un divertido concurso de decoración de portas. As diferentes aulas transformáronse en pequenos escenarios cheos de creatividade, cor e fantasía, deixando voar a imaxinación para achegarnos ao fascinante mundo do teatro e das artes escénicas.Estas foron as portas gañadoras, aínda que todas quedaron espectaculares!
Pero as sorpresas non remataron aí! Aproveitamos esta data tan sinalada para inaugurar o noso novo escenario no patio, un espazo que nace coa ilusión de converterse nun punto de encontro para a expresión artística, a música, o teatro, a danza e todas aquelas historias que queiramos compartir.
Saúdos
Castañón

.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario